Programa do curso
Déixoche o esquema do que vou partir para a organización do curso. Como é obvio, as circunstancias irán indicando as correccións que se deban ir introducindo.
- Presentación do curso. Materiais elaborados para o seu seguimento. Axustes da planificación. (1 sesión).
 - Conceptos básicos da imaxe dixital. Software de edición: Picasa. Prácticas con elementos procedentes destas tres fontes: cámara dixital, escáner, internet. (2 sesións).
 - A voltas coa foto dixital: recibiremos a      visita dun profesional da imaxe dixital (cámara da TVG). Aproveitaremos      para consultarlle todas aquelas dúbidas que temos á hora de utilizar as      nosas cámaras. (1 sesión).
 - Elaboración dun blog: rexistraremos un      espazo web na plataforma blogger (www.blogger.com);      despois faremos un blog xenérico sobre un tema proposto; por      último, cada participante elaborará unha serie de artigos que se axusten      aos seus intereses (áreas que imparte, cuestións relativas ao seu centro,      traballo coa transversalidade, etc.). (2 sesións).
 - Utilización de Powerpoint para a realización      de presentacións electrónicas e/ou carteis para a impresión dixital. (1      sesión).
 - Presentación de traballos. Conclusións.      Valoración das actividades do curso. Avaliación. (2 sesións).
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario