Antonio Taboada
 Hoxe contaremos coa presenza de Antonio Taboada, un profesional da imaxe que traballa como cámara na Televisión Galega.
Hoxe contaremos coa presenza de Antonio Taboada, un profesional da imaxe que traballa como cámara na Televisión Galega.
O obxectivo da sesión de hoxe é, naturalmente, o de aproveitar a formación e a experiencia de Antonio para profundizar no noso coñecemento e manexo da imaxe.
O formato da sesión vai responder, se todo sae ben, a unha fórmula que denominaremos coloquio/taller. Explícome: por unha banda, temos a oportunidade de plantexarlle ao experto as nosas dúbidas (técnicas para mellorar a captura de imaxes, consellos á hora de mercar unha cámara, etc.); por outra parte,  aproveitaremos para facer algunhas prácticas.
Teño a intención de fotografiar e gravar en vídeo fagmentos da sesión de hoxe. O material obtido será utilizado en días posteriores.
Espero que disfrutes da tarde.
 

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario