Bloggeando
Imos crear un blog. Na xornada de hoxe daremos os primeiros pasos e publicaremos algúns textos e algunhas fotos. Na seguinte sesión personalizarémolo con contidos que cada participante seleccionará en función dos seus intereses.
Os pasos para a creación do blog son os seguintes:
- Dámonos de alta no servizo de correo de Gmail. Actualmente esa alta só se pode efectuar se se recibe unha invitación de parte dun usuario rexistrado. Se aínda non recibiches a invitación, terás que indicarme o teu actual enderezo electrónico para que cha remita (o meu correo: xdafonte@gmail.com).
- Accedemos a Blogger (www.blogger.com), que é a ferramenta de publicación de blogs que eliximos.
- Activamos a opción ACCEDA A LA VERSIÓN BETA DE BLOGGER. Nos campos USUARIO e CONTRASINAL utilizamos os datos de rexistro de Gmail.
- Na pantalla que se nos abrirá seleccionamos a opción CREAR UN BLOG e cumprimentamos o formulario correspondente.
- O seguinte paso é escoller unha plantilla. O blog xa estará creado e podemos empezar a traballar nel desde este momento.
Imos alá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario