Imos traballar con Picasa (II)
Saúdos. Este é o guión para a terceira sesión de traballo:
- Os requisitos de hardware como elemento crítico á hora de seleccionar unha aplicación como Picasa.
- Conceptos básicos para abordar o tratamento dixital dunha imaxe.
- Unha táboa de exercicios.
1. Picasa e os requerimentos de hardware.
Vexamos con datos o que van demandar do noso equipo (ou dos da aula de informática ou da sala de profesorado do centro, se é o caso) algunhas das aplicacións especializadas na imaxe dixital, ben sexa de fotografía ou de vídeo:
- Adobe Photoshop [aquí]
- Corel Paint Shop Pro [aquí]
- Picasa [aquí]
- Adobe Premiere (vídeo) [aquí]
- Pinnacle Studio Version (vídeo) [aquí]
- Magix Video Deluxe (vídeo) [aquí]
Se se quere ter un coñecemento máis detallado dos elementos de hardware, é evidente que a solución á que te acabo de remitir queda curta. Hai no mercado aplicacións especializadas en elaborar informes moito máis precisos. Un exemplo: Everest.
2. Conceptos básicos para o tratamento dixital dunha imaxe.
Imos comentar os artigos que se inclúen na etiqueta Conceptos (apartado Temas) deste blog.
3. Exercicios con Picasa.
a. A chuleta de Fernando Alonso.
Por raro que pareza, as chuletas das que se axuda o bicampeón da Fórmula I para resolver as súas intervencións públicas son bastante rudimentarias. Así nolo demostran unhas fotos que publica un tal Juanra Martínez no seu blog. Imos facer o seguinte:
- Buscamos no Google o artigo no que aparecen as fotografías.
- Gardamos as 6 fotos publicadas nunha carpeta no escritorio á que imos chamar CHULETAS. Para gardar as imaxes, lembra que podes facer clic sobre cada unha co botón dereito e elixir o comando GUARDAR IMAGEN COMO. Podes gardalas como Alonso1, Alonso2, etc.
- Abrimos Picasa. O programa recoñecerá a nova carpeta e as fotos que contén. Se así non fose, sempre se poden importar (ARCHIVO --> IMPORTAR DE --> SELECCIONAR DISPOSITIVO --> CARPETA)
- Seleccionamos todas as imaxes da carpeta (podes usar o atallo Ctrl+T) e creamos un collage de imaxes (CREAR --> COLLAGE DE IMÁGENES). Gardámolo na carpeta CHULETAS que creamos antes.
- De novo en Picasa, volvemos seleccionar todas as fotos da carpeta, incluída a do collage. Imos a CREAR --> PELÍCULA e utilizamos estes valores: retraso entre imaxes: 3 segundos; tamaño: pequeno; compresor: Indeo video 5.10; calidade: 50. Créase un vídeo chamado CHULETAS.AVI na carpeta MIS DOCUMENTOS/MIS IMÁGENES.
- Copiamos ese vídeo á carpeta CHULETAS do escritorio.
- En Picasa, modificamos o modo de presentación de acordo con esta secuencia: VISTA --> TÍTULO DE MINIATURA --> NOMBRE DE ARCHIVO.
- Seleccionamos todas as fotos da carpeta e probamos a edición por lotes. Imos a IMAGEN --> EDICIÓN POR LOTES --> CAMBIAR NOMBRE e substituímos ALONSO por CHULETAS. Despois convertímolas a SEPIA.
- Agora imos exportar as imaxes xa retocadas. Seleccionámolas (o vídeo incluído) e activamos o botón EXPORTAR. Os axustes da exportación serán os seguintes: modificar o tamaño a 800 píxeles; calidade de imaxe: 70%; exportar películas como TAMAÑO COMPLETO.
- Deixamos Picasa e imos á carpeta na que se emprazan os elementos exportados, que será Mis documentos\Mis imágenes\Exportaciones de Picasa\CHULETAS. Entramos na carpeta, seleccionamos as fotos e o vídeo e comparamos o peso dos novos arquivos con respecto ao das imaxes orixinais.
- Para rematar, facemos un arquivo comprimido coas fotos e o vídeo. Normalmente é suficiente con seleccionar os elementos que interesan e facer clic co botón dereito. No menú emerxente que se desprega aparecerá algún elemento como "Añadir a Chuletas.rar" ou "Add to Chuletas.zip".
- Remites o arquivo final a este enderezo electrónico: xdafonte@gmail.com. Se houbera problemas á hora de facer o arquivo comprimido podes mandar cada elemento por separado.
b. Experimentamos coas fotos antigas.
- Entramos en Picasa e seleccionamos 5 fotos antigas que nos gusten. Lembra que no CD que recibiches na sesión anterior hai donde escoller.
- Facemos clic co botón dereito sobre unha delas e activamos AÑADIR ETIQUETA --> ETIQUETA NUEVA. Poñémoslle o nome de FAVORITAS. Comprobaremos que o Picasa reflicte a operación que acabamos de facer presentando en pantalla a nova etiqueta e que as imaxes non desaparecen da súa ubicación orixinal.
- Abrimos cada unha das fotografías e ímolas sometendo a un tratamento específico. Farémolo á nosa vontade, procurando utilizar a fondo a riqueza de recursos que ofrece o programa.
- Exportámolas seguindo o método descrito no exercicio anterior. Os valores poden ser os seguintes: modificar tamaño a 640 píxeles; calidade ao 50%. Comparamos o comportamento en pantalla das fotos exportadas coas orixinais. Abrimos zoom para ver as diferencias.
c. Eses olliños...
- Seguimos en Picasa. Primeiro atendemos a un detalle de configuración que nos vai servir para ver os nomes das imaxes debaixo das miniaturas coas que se nos presentan. Para resolvelo, seguimos esta secuencia: VISTA --> TÍTULO DE MINIATURA --> NOMBRE DE ARCHIVO.
- Buscamos a imaxe que leva por nome tom_chance_and_ntk_dave.jpg e abrímola.
- Está claro que os ollos destes mozos precisan un amaño. Facémolo, mesmo repetindo a operación se vemos que así podemos mellorar o resultado.
- Probamos outros axustes ata conseguir un resultado satisfactorio.
- Repetimos a operación con esta outra fotografía: dscn18493qm.jpg
No hay comentarios:
Publicar un comentario